martes, abril 17, 2012

Normas en educación infantil

Tic nas aulas de infantil (enviada dende o correo electrónico)

O uso das TIC, nos centros educativos imponse e substitúe a antigos
usos e recursos.
O uso do ordenador e o software educativo como ferramenta de
investigación, manipulación e expresión ten unha calidade moi
motivadora e atractiva para o alumnado dos distintos niveis educativos.
O traballo cotiá con e na informática permite ao alumnado unha
intervención creativa e persoal, manter un ritmo propio de
descubrimento e aprendizaxe, así como o acceso á información máis
integral, permitindo iniciar un proceso de universalización do uso e
coñecemento das TIC.
O profesor ha de adquirir un novo rol e novos coñecementos, dende
coñecer adecuadamente a rede e as súas posibilidades ata como
utilizala na aula e ensinar aos seus alumnos os seus beneficios e
desventaxas.
Na actualidade, os nenos asumen con total normalidade a presenza das
tecnoloxías na sociedade. Conviven con elas e adóptanas sen
dificultade para o seu uso cotiá.
Neste sentido os docentes debemos propiciar unha educación acorde co
noso tempo realizando novas propostas didácticas e introducindo as
ferramentas necesarias para este fin. É á idade de tres anos cando a
maioría de nenos teñen o primeiro contacto cun centro escolar, e a
diferenza de épocas anteriores, nas cales non outorgar gran
importancia a esta etapa da educación Infantil, na actualidade
considérase relevante, xa que senta as bases de futuras aprendizaxes,
adquírense hábitos de conduta e de convivencia, sucédense grandes
cambios de crecemento intelectual, adquiren gran capacidade de
aprendizaxe, etc.

Estas e outras características permiten considerar que a acción
educativa que se leve a cabo neste período será fundamental no seu
posterior proceso evolutivo. Esta acción educativa debe suscitarse a
utilización do ordenador como recurso para favorecer:
- A estimulación da creatividade.
- A experimentación e manipulación.
- Respectar o ritmo de aprendizaxe dos alumnos.
- O traballo en grupo favorecendo a socialización.
- A curiosidade e espírito de investigación.

Competencias da escola e os/as docentes, polo que fai ás TIC:
- Facer un uso didáctico dos recursos tecnolóxicos
- Ensinar aos nenos e nenas un uso coherente e apropiado destes recursos
- Adaptarse aos cambios de: (Estrutura, Políticas educativas, Ámbito
administrativo, Metodoloxías de traballo, Vocabulario educativo)
- Basear o ensino na aprendizaxe significativa

ACHEGAS DAS TIC NO AULA:
- Crean autonomía no alumno, mediante a axuda dun adulto
- Fomentan o uso cooperativo e colaborativo entre os alumnos
- Melloran a destreza motriz
- Axudan a desenvolver os contidos sistemáticamente
- Facilitan a comprensión de conceptos
- Estimulan novas aprendizaxes
- Motivan a comunicación, tanto dos iguais como entre mestre/a-alumno/a

As TIC pódense traballar nas 3 áreas do currículum de infantil:
- descubrimento dun mesmo
- descubrimento da contorna
- intercomunicación e linguaxes

Novas obxectivos do currículum de infantil:
- Dominio básico do ordenador
- Ser consciente do gran abanico de recursos e vantaxes das TIC
- Comprender que nos poden facilitar todo tipo de información
- Saber que é unha ferramenta de comunicación

O/a mestre(a) ha de:
- Formarse e ter un certo dominio das TIC, para poder ensinar a súa
utilización
- Integrar as TIC na aula cunha clara finalidade educativa
- Traballar en equipo

lunes, abril 16, 2012

TIC nas aulas

Qué é Google?

É o procurador de información máis coñecido internacionalmente de Internet pola súa rapidez e pola gran cantidade de cousas que nel podemos atopar.
O dominio "Google" foi rexistrado o 15 de setembro do 1997.

Os blogs nas nosas escolas

Qué é un edublog e para qué serve?

Os edublogs son aqueles weblogs que teñen como primordial obxectivo apoiar o proceso de ensinanza aprendizaxe nun contexto educativo ou, dito doutra meneira, é un  weblog que se usa con fins educativos ou en entornos de aprendizaxe tanto por mestres como polo propio alumnado.
É idóneo para contidos secuenciales, inmediatos e con contidos individuais breves.

Para entender ben esta definición creo convinte explicar o que é un blog en si, o cal se define como un sitio web que se debe actualizar periódicamente e no cal se recopilan cronolóxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que el crea convinte.

Ferramentas que podemos empregar para a creación dun blog

Os blogs pódense agrupar en gratuítos e de pago segundo o servidor que os acolle. Para os primeiros soamente se precisa crear unha conta, definir o título, url e poñerse a publicar, pola contra, os segundos cabe dicir que xa son de dominio propio, alóxanse nun hosting e, a ferramenta do blog instálase no servidor propio e adminístrase dende alí como un subdominio.

Algúns exemplos das ferramentas para crear un blog de maneira gratuíta son: Post2Blog, Bleezer, w.bloggar, blogger for Word, Social Brookmarks Manager, Pong, Andanza, BlogUpp, ScribeFire Blog Editor, Windows Live Writer...
Outros exemplos para a creación dun blog de pago serían: Weblogger, LiveJournal, BigBlogTool...
Segundo o número de autores poden ser individuales ou personales (un só autor, actualización periódica e tratamento de calquera tipo de temas) ou blogs colectivos ou colaborativos (dous ou máis autores, actualización máis frecuente e adoitan tratar dun tema en común).
Poden ser personales, prefesionales, corporativos ou institucionales, permanentes e temporais tendo en conta a orixe da súa existencia.
Pola súa difusión poden ser internos ou privados e públicos e, xa finalmente, polo seu estilo poden ser blogs de testimonio, de opinión, de rebote...

Usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista

As características propias dos blogs fan que esta sexa unha ferramenta con multitude de usos no ámbito educativo dentro dun modelo constructivista.

Segundo Tíscar Lara, os blogs serven de apoio ao E-learning, establecen unha canle de comunicación informal entre profesor e alumno, promoven a interación social, dotan ao alumno cun medio personal para a experimentación da súa propia aprendizaje e, por último, son fáciles de asimilar basándose nalgúns coñecementos previos sobre tecnología dixital.

É dicir, o contar cun blog pode ser moi enriquecedor á hora de compartir documentos, textos e outras actividades feitas na aula ou mesmo reflexións feitas na casa tanto polo docente como por calquera dos alumnos/as. E non só iso senón que este se pode empregar como medio de comunicación entre docente-familias (reunións, seguimento das actividades levadas a cabo na aula...) e docente-alumnado (publicación de datas de exame, de entrega de traballos...)

Neste método pedagóxico, enténdese o blog como un medio persoal e propio do alumno co cal este debe aprender ao usalo dun modo libre segundo as súas necesidades ao longo da súa vida académica. O papel dos mestres debe ser, en todo caso, guiar aos alumnos/as para que aprendan e experimenten ao máximo con dita ferramenta xa que, ao ser un recurso innovador, é probable que os nenos/as se sintan motivados coa súa aprendizaxe e se impliquen máis obtendo uns resultados moito máis positivos.