Esta é a estructura básica que ten un blog:
É preciso destacar que os edublogs deben ser máis chamativos e, aínda que seguen as pautas dos blogs, estes deben ter apartados ou páxinas específicas educativas (actividades a levar a cabo nas aulas, cancións infantiles, outras actividades escolares...) e mesmo algún recuncho onde os cativos e cativas poidan falar, publicar as súas obras de arte e opinar. Dous edublogs interesantes serían:
- El rincón de la maestra
- El rincón de los peques
Tanto nun blog como no outro hai un espazo adicado a contar e plasmar as actividades que se fan nas aulas, os recursos empregados... e tamén outros adicados a opinións persoais.
Dende o meu punto de vista, todo edublog debería ser positivo para o desenvolvemento e a creación persoal dos propios nenos e nenas os cales, vendo todo o que poden facer por si sós e mesmo ao poder compartilo coas súas familias e con outras persoas, poden construír unha imaxe moito máis rica de si mesmos.
Para rematar este apartado mostro un esquema explicativo do que son os edublogs así como os fins aos que van destinados.



