lunes, abril 16, 2012

Os blogs nas nosas escolas

Qué é un edublog e para qué serve?

Os edublogs son aqueles weblogs que teñen como primordial obxectivo apoiar o proceso de ensinanza aprendizaxe nun contexto educativo ou, dito doutra meneira, é un  weblog que se usa con fins educativos ou en entornos de aprendizaxe tanto por mestres como polo propio alumnado.
É idóneo para contidos secuenciales, inmediatos e con contidos individuais breves.

Para entender ben esta definición creo convinte explicar o que é un blog en si, o cal se define como un sitio web que se debe actualizar periódicamente e no cal se recopilan cronolóxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que el crea convinte.

Ferramentas que podemos empregar para a creación dun blog

Os blogs pódense agrupar en gratuítos e de pago segundo o servidor que os acolle. Para os primeiros soamente se precisa crear unha conta, definir o título, url e poñerse a publicar, pola contra, os segundos cabe dicir que xa son de dominio propio, alóxanse nun hosting e, a ferramenta do blog instálase no servidor propio e adminístrase dende alí como un subdominio.

Algúns exemplos das ferramentas para crear un blog de maneira gratuíta son: Post2Blog, Bleezer, w.bloggar, blogger for Word, Social Brookmarks Manager, Pong, Andanza, BlogUpp, ScribeFire Blog Editor, Windows Live Writer...
Outros exemplos para a creación dun blog de pago serían: Weblogger, LiveJournal, BigBlogTool...
Segundo o número de autores poden ser individuales ou personales (un só autor, actualización periódica e tratamento de calquera tipo de temas) ou blogs colectivos ou colaborativos (dous ou máis autores, actualización máis frecuente e adoitan tratar dun tema en común).
Poden ser personales, prefesionales, corporativos ou institucionales, permanentes e temporais tendo en conta a orixe da súa existencia.
Pola súa difusión poden ser internos ou privados e públicos e, xa finalmente, polo seu estilo poden ser blogs de testimonio, de opinión, de rebote...

Usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista

As características propias dos blogs fan que esta sexa unha ferramenta con multitude de usos no ámbito educativo dentro dun modelo constructivista.

Segundo Tíscar Lara, os blogs serven de apoio ao E-learning, establecen unha canle de comunicación informal entre profesor e alumno, promoven a interación social, dotan ao alumno cun medio personal para a experimentación da súa propia aprendizaje e, por último, son fáciles de asimilar basándose nalgúns coñecementos previos sobre tecnología dixital.

É dicir, o contar cun blog pode ser moi enriquecedor á hora de compartir documentos, textos e outras actividades feitas na aula ou mesmo reflexións feitas na casa tanto polo docente como por calquera dos alumnos/as. E non só iso senón que este se pode empregar como medio de comunicación entre docente-familias (reunións, seguimento das actividades levadas a cabo na aula...) e docente-alumnado (publicación de datas de exame, de entrega de traballos...)

Neste método pedagóxico, enténdese o blog como un medio persoal e propio do alumno co cal este debe aprender ao usalo dun modo libre segundo as súas necesidades ao longo da súa vida académica. O papel dos mestres debe ser, en todo caso, guiar aos alumnos/as para que aprendan e experimenten ao máximo con dita ferramenta xa que, ao ser un recurso innovador, é probable que os nenos/as se sintan motivados coa súa aprendizaxe e se impliquen máis obtendo uns resultados moito máis positivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario